Falling for Christmas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Falling for Christmas |
Director | Janeen Damian |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | Historia de Jeff Bonnett |
Intérpretes | Lindsay Lohan |
Música | Nathan Lanier |
Fotografía | Graham Robbins |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 10 de novembro de 2022 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia e romance |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Falling for Christmas[1] é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Janeen Damian. O guión foi escrito por Jeff Bonnett e Ron Oliver. Está protagonizado por Lindsay Lohan, xunto con Chord Overstreet, George Young, Jack Wagner e Olivia Perez nos papeis secundarios. É o primeiro papel de Lohan nunha gran produción en máis dunha década despois dunha serie de reveses na súa carreira mentres se recuperaba de adiccións e problemas legais. Brad Krevoy e Michael Damian son os produtores do filme, que se anunciou por primeira vez en maio de 2021 e comezou a produción en Utah en novembro de 2021.
Estreouse o 10 de novembro de 2022 a través de Netflix,[2] onde conta con versión subtitulada en galego.[3] Foi traducido por Laura Feijóo.